sábado, 15 de noviembre de 2008

Carta de Luisito: Intilihensia [Emosional]

Querido F:

Era o que me faltaba por ver: aghora no Porto, para mellorar o rendemento laboral, imos faser un cursillo de “Intilihensia Emosional”. Manda Carallo: o que me faltaba por ver. Seica o fasemos porque a sicóloga di que “favorece a empatía entre os traballadores e millora a comunicación entre eles, e por tanto o rendemento laboral”. Coma si para descarghar a pulso un barco de peixe houbera que ter un Máster deses...

Ademáis, aquí en Galicia sempre vamos a remolque, débeche ser o do atraso histórico. Aquí inda imos pola Intilihensia a secas, a saber:
a) O Porto Exterior de Ferrol: fasémolo porto, e cando xa está feito, acordámonos que non fixemos a carreteira de acseso.
b) A mina de cuarzo de Serrabal: resulta que o AVEcinilla ése que están fasendo pasa polo medio da mina, carallo. Qué puntería: e si ves a saída da Estasión de Santiagho cara a Ourense a vía nada máis sair ten unha curva que nin Dios. Menos curva, coño, e xa non pasa polo medio, contra!
c) O Porto Exterior de Coruña: aghora acordanse de que non ten rameral, ou ramal, ou coma se chame, para o tren. Pfffffff...
d) as peñas madridistas e barselonistas aquí, tendo o Depor e o Selta (bueno, éstes menos, jejejejejeje)
Etesé, etesé, Marité

O que pasa é que por ahí adiante, tampouco che andan moi sobrados: xa ver a foto de onte do Bús e do Sapatero, xa non hai moito máis que disir, coma para arreghlar o Mundo tomando o vermú...


O que pasa é que o que hai enfrente do Sapatero como que tampouco mellora moito o panorama, mmm, non...



En fín, Pilarín, coma desía a pintada aquela que apareseu cando estabamos no Instituto, non sei si te acordas, que desía:
"LA INTELIGENCIA ME PERSIGUE, PERO YO SOY MÁS RÁPIDO"

Así que xa sabes, Meu: que Dios nos asista das mentes privilexiadas

Besos, Abrasos e coidado cos coches.

Luisito

No hay comentarios: