viernes, 13 de febrero de 2009

Alde hemendik donurik (que se vaian Todos)

Bueeeno, pois despóis dunhos días de obrigada ausencia, aquí che estamos outra vez para darlle caña ó Invento.E ísta vez para falar das Eleccións ó Parlamento de Galicia (qué barbaridad, xa pasaron catro anos!).

Pooois... qué queredes que vos diga: por mín coma se marchan todos para casa e non volven. Unha vez máis, demóstrase de feito máis que fehaciente que políticos, os homes (dicen as mulleres) e os informáticos sonche todos iguais. Despois de catro anos de travesía bipartita, con profundo dor de corazón, teño que decir que a experiencia coma persoa, coma votante e coma profesional pola miña relación co goberno deste país, non pode ser máis decepcionante. Pasamos dunha autocracia post-franquista caciquil-acarrea-votos co Sr. Fraga Iribarne a un goberno de "tun, tun, tun que eu non fun", onde non hai un goberno, senon dous, e donde, e me consta que foi así, se perderon TRES ANOS auditando e investigando os dezaséis anos anteriores de goberno popular a ver por ónde lle podían bota-lo dente non só a Fraga senon os anteriores mandamases do PP, de Xefe de Negociado para arriba.
Unha Administración onde os principios de igualdade, mérito e capacidade brilaron pola súa ausencia, donde se marxinou a técnicos e profesionais que estaban a desempeñar unha boa laboura só polo feito de "non ser dos nosos". Unha Administración autista non só de portas cara afora, senon tamén de portas para adentro, onde os Departamentos dirixidos polo PSOE carecen de relacións e coordenación cos do BNG, onde mover un papel ou cobrar unha factura por traballos feitos á Xunta é un delirio e un exercicio de Infinita Paciencia.
Un Presidente da Xunta máis preocupado de non desagradar a Madrid (léase Pepiño Blanco) que de Gobernar con maiúsculas, onde os retrasos nas infraestructuras se acumulan tanto o máis que na era Fraga (e iso que os Gobernos de Madrid entón eran "Gobernos Amigos", Joder, menos mal...), e donde o pouco bó feito da era Fraga triturouse e botouse abaixo (sanidade, educación, etc., etc.).
Pero o peor de todo é que o que hai enfrente non mellora o presente... coma un espello da política nacional, (cun inquilino da Moncloa que só sabe sorrir e que aprendeu economía en "Dos Tardes" e un líder da oposición abúlico e incapaz), na política galega tres cuartas do mesmo. Un líder opositor que no transmite, que ten menos carisma que un gato de xis, e que debe pensar "maldito o día que deixei a Dirección Xeral de Correos", e cun cartel electoral ó seu derredor pringado de sospeitas de corrupción nas catro provincias galegas.
Menudo panorama... pero o que non podemos facer é ficar na casa e non ir a votar: por eso, participade, ler os programas electoraís dos partidos que se presentan e decidir o que facer co voso voto en conciencia e elexide ó que os pareza o mellor ou o menos malo.
Pola miña banda, coma decía Patxi o vasco, "alde hemendik Donurik" (que se vaian Todos).
E por suposto, non podía faltar unha visión humorística dos candidatos...




7 comentarios:

Animaliño dijo...

Home... non sei qué dicirche. Cadaquén ten a súa opinión. A miña é que iguais iguais...non son. Eu penso que o que se reflicte no teu post é unha decepción co cambio do bipartito. E mencionas varias cousas que son totalmente certas. Penso que a túa é unha visión bastante extendida e que ten fundamento, pero que tamén habería que puntualizar.
Cambio houbo. Pode que non tan profundo como algúns quixeramos. Pode que algo mesquiño nas formas. Pero houbo. Ás veces tamén me costa entender que a mesma xente que votou a Fraga tantas veces seguidas logo quixese unha especia de revolución. Do mesmo xeito que me asombra que agora se califiquen de intolerables cousas que antes estaban á orde do día. Non será que tamén lle esixiamos moi pouco aos de sempre e moito a outros? En concreto refírome ao BNG. Paréceme que TODOS, dende os seus votantes ata mesmo os do PP, esíxenlle moito máis do que a calquera outro partido. Iso tamén é como cando gañas ao Real Madrid e os periodistas madrileños (e madridistas) din que non xogaches bonito. Para iso xa están eles, que teñen os cartos! (e xa ves)
Pero bueno, entre conformismo e esixencia, prefiro o segundo. Só agardo que estas decepcións sirvan de impulso para as forzas progresistas e non faciliten a volta dunha dereita que, sinceramente, non o merece.

Animaliño dijo...

Ah! Quedóuseme unha cousa. Un argumento fundamental contra o bipartito é iso de que son dous gobernos, non un. Ok, paréceme ben. Pero non acepto esa crítica dende o PP. Os da boina e os do birrete. Os de Esperanza e os de Gallardón. Os catro de Rajoy e todos os demais. Os de Madrid e os de Valecia. Os de centro reformista e os de ultradereita. Os que espían e os espiados. Iso sí que é un multipartito.
Na Xunta houbo bastantes tensións, pero, sinceiramente, aínda non sei como non foi peor ;).

Anónimo dijo...

Eu sempre me neguei a aceptar iso de "Todos son iguais", e o puiden comprobar un día de casualidade escoitando sen ser visto a un home que levaba bigote fai tempo e que milita no BNG coruñés.

Xa o dixen no blog de Turu, estou dacordo con que sempre se lles exise mais aos gobernos de esquerda. Eu non entro a valorar se fixeron unha boa xestión, se fixeron moito ou pouco, o que teño seguro e que fixeron un goberno intelixente polo menos pola parte nacionalista.

Galicia precisa unha revolución en moitos aspectos despois de tantísimos anos de Fraguismo, pero esa revolución-evolución ten que ser pausada e sen grandes alardes ou os miedosos e os que acechan porán o grito no ceo e as gaivotas populares voltarán a anidar na Xunta.

Non estou decepcionado porke tiña claro e penso que foi a mellor opción a de non poñer patas arriba o pais facendo e desfacendo todo o feito antes. Pola miña parte teñen 4 anos mais, e logo xa falaremos.

Unha aperta amigo FM, Princi

Anónimo dijo...

df

Anónimo dijo...

Animaliño, agora entendo o teu nome, sin duda alguna eres un animaliño, si si, o BNG e o millor, ay ay ay con xente asi como ¿non vai ir mal o noso pais?
panmda de analfabetos

Anónimo dijo...

Noraboa polo post. Estou dacordo en moitas das cousas que dis.
Nos últimos anos Galicia (que non Galiza, que non sei quen carallo lles deu dereito a inventarse outro nome) tivo dous gobernos diferentes. Nos que unha minoría (e salientable recordar que apenas rebosan os 300mil votos cando os outos dous partidos pasan do millon con creces) a base de "chantaxe" o segundo partido máis votado fixo oq lle veu en gana. Lamentable!!
Estou dacordo en que os anos de fraguismo deixaron moito q desexar, e q pretender en 4 anos arranxar as cousas mal feitas en 16 e harto dificil. Sen embargo en que carallo fixeron limpeza estes tipos??
- Tanto critica a empanada e o dos vellos e van eles e fan o mesmo (por moita culpa que lle cargue os demais).
- Tanto criticar a imparcialidade de medios como La Voz e teñen algo parecido co Xornal ese.
- O do concurso eólico e o do iate clama o ceo, perdoeme señor Quintana pero...
- Os enchufismos acelerados dos ultimos meses aconta da súa vicepresidencia non teñen nada q envexar os do PP nos seus bos tempos.
- A cidade da cultura é outra, tato arranxar tano raxar e seguimos igual ou peor. E un tema jodido, si. De todas maneiras xa se ocupou de cargarlle a culpa a ex-concelleira.
E podería seguir un bo cacho. son dos da opinión de que un partido goberne con maíoria absoluta e moi perigoso e máis vendo o pouco q ofrece o PP. Pero dende logo non penso votar a un PSOE condicionado e moito menos a un BNG que non predica moitas cousas das q di.
Unhas Eleccións tras outras a maioria do pobo galego estalles a demostrar que pouco teñen q facer nesa liña. pq eiqui somos galeguistas pero non nacionalistas extremos deses. Q se adapten eles tamén os novos tempos e sobretodo o pensar dos galegos, q den exemplo co que afirman q é o correcto.
BNG= 13 escanos sobre un total de 75. Con eso dise todo.

Anónimo dijo...

Bueno, no se puede decir que seas muy original. Todos iguales elimina cualquier esfuerzo por entender la realidad. Y nos lleva a preguntarnos por quién son los sustitutos. Porque la política siempre va a estar ahí. ¿Tu crees que la sociedad es mejor?
Si votan emigrantes desconectados es porque lo permitieron el PP y el PSOE; si no se cambió la TVG fue por el PSOE. Si se invirtió más en educación, sanidad pública, etc. es un hecho.¿Había ley de dependencia con el PP?, etc, etc,etc.Pero ya sé que es más cómoda la descalificación global.