Fai xa unha pila de anos, coido que dezaoito ou quizáis máis, acórdome duna conversación na cafetería de Económicas de Santiago nunha fría mañá de inverno facendo tempo entre clase e clase (entón, non sei agora, tocábache unha clase a primeira hora e logo outra tres horas depóis e así), e o tema derivou hacia as viaxes do IMSERSO que naquela época empezaban coma un reclamo electoral/cortiña de fume máis dun goberno de Felipe Gonzáñez xa moi tocado pola corrupción.
- Pois xa ves ti, agora ós vellos collen e os mandan quince días a Benidorm, meu, non sei coma serán os hotéis, pero van a gastos pagos e como reis, ti.
Entón, o meu amigo Luis, arroutado e bravo coma somos os de Monte Alto, vai e solta:
- ¡MILLOR, ASÍ NON VAN Á FARMACIA A DROJARSE!
Palabra, Meu, quedamos todos coma cando nos Simpsons Homer botaba unha burrada, calados e con o crí-crí do grilo de fondo. Botámonos todos a rir pola ocurrencia e non lle dimos máis importancia ó tema.
Pero mira ti o que son as cousas: pasados os anos, e cas voltas que da a vida, casei cunha Boticaria, e mira ti por onde Luisiño deu no cravo: “científicamente” comprobado: cando os nosos velliños van de vacaciones co IMSERSO, o gasto farmacéutico baixa abondo coma para compensar o custo da viaxe con creces comparado co custo das recetas que gastan cando non están de viaxe. ¿Efecto placebo? ¿Psicoloxía de andar por casa? Non sei, pero estatísticamente é un feito máis que comprobado.
Outra cosa espectacular é o primeiro día para apuntarse: esto o viron os meus ollos fai anos no Viaxes Marsans de Durán Loriga, Coruña, Spain. Eu voltaba duna cena que se alongou no tempo e nas consumicións etílicas e voltaba á casa dos meus pais a pata chula, e pasei por diante do sitio as seis da mañá, e puiden ver a máis de vinte vellos facendo cola. Automático: pasouseme a prea/trompa da impresión. ¡¡¡Alí estaban coma un só home, e ainda quedaban polo baixo tres (3) horas para abrir a tenda!!! E pobre de ti coma te colases, porque eran dos que acertaban un branco móvil a cen metros...
En fin, espectacular... o que no sei, é o que vai pasar cos da miña xeración, do baby-boom dos sesenta, porque imos ser unha pila de carallo, e xa haberá que ir pensando en pillar residencia de anciáns/asilo, porque non vai haber sitio para todos, e con todo Dios coa Hipoteca, os nosos fillos a maioría deles fillos únicos, haberá que deixarlles o piso libre inda que sexa ca hipoteca a medio pagar.
Ademáis, non creo que o sistema das pensións terme moito do carro, porque imos ser unha pila a cobrar: eu penso máis ben que coma di o meu amigo Luis, “con toda esta peña de fillos únicos que veñen detrás de nós, os máis deles unha panda de egoístas, aparte de que non haxa pasta, vannos meter a todos ós 65 anos na picadora de carne, ou de viaxe do IMSERSO só de ida e ós nosos campos favoritos (Auschwitz, Birkenau, Bergen-Belsen, Treblinka, etc.).
En fin, cousas de Luisito... esperemos que nisto último no acerte XDDDDDD
1 comentario:
Ola FM!
Moi interesante o que dis sobre a redución do gasto farmacéutico durante as insersadas... Será que alí teñen outro tipo de "medicamentos" (BOMBAS, BOMBAS!!)??
Os maiores teñen moitos achaques, pero tamén moito tempo libre, e están demasiado centrados en se lles doe aquí ou alá... Ir á farmacia ou ao médico acaba convertíndose nunha rutina máis.
O das pensións é un tema serio. Agardemos que todos estes inmigrantes que viñeron teñan ganas de traballar (e oportunidade de facelo), senón ides directos á picadora...e nós detrás.
Publicar un comentario