sábado, 3 de enero de 2009

Un Descubrimento: Persépolis

Alentado polo meu veciño de blog, o Camarada Animaliño, onte pola noite vín no cable "Persépolis", película de animación en branco e negro sobre a vida de Marjane Satrapi.
Marjane Satrapi nace o 22 de novembro de 1969 en Rasht (Irán), nuhna familia acomodada e de ideoloxía progresista. Tra-la difícil situación política imperante no seu país nos anos seguintes á revolución de 1980, é enviada a Viena a prosegui-los seus estudos secundarios. De regreso a Irán, matricúlase en Belas Artes na Unviersidade de Teherán, obtendo un máster en Comunicación Visual. En 1994 marcha a Francia, país no que aínda reside na actualidade, recalando en Estrasburgo, onde estudia Artes Decorativas, e posteriormente en París. Pese a que a súa vocación inicial era ser grafista, a partires de 1997 dedícase á ilustración de libros de cuentos para nenos para editoriales coma Nathan y Albin Michel.

Persépolis narra a súa vida desde nena, época que coincide coa Revolución dos Ayatolás en Irán e a conseguinte caída do Shah Reza Palhevi. Con un uso tremendamente intelixente das cores, maioritariamente o branco e negro, e ás veces o resto de cores, logra reflexar con maestría o ambiente abafante do réxime islamista, a degradación da muller e os usos e abusos dun réxime nos que moitos confiaron en acadar una liberdade que co Shah no tiñan, e que con Jomeini tampouco acadarían, cunha guerra contra Iraq na que a nena Marjane coñece os horrores propios de un conflicto inútil coma todos.

A súa marcha ó estranxeiro, a separación da sú familia, a relación coa súa avóa, fan un retrato desgarrador dunha infancia roubada polo medo, as inseguridades e estupidez e o fanatismo islamista, o brutal choque coa cultura occidental nun intento de atoparse a sí mesma, fan de esta película un elemento imprescindible para entender un pouco máis o mundo que está máis alá de Oriente Medio, as inquedanzas, ilusións, esprenazas e o modo, máis que de vida, de supervivencia, dun pobo atrapado nunha interminable espiral de fanatismo relixioso e violencia sin sentido.


Un consello: se non tedes prexuízo contra das versións orixinais con subtítulos, recoméndovos a versión orixinal en francés, onde poderedes escoitar a voz de Catherine Deneuve no papel da nai de Marjane e da súa filla Chiara Mastroianni, no papel de Marjanne. Un saúdo.

1 comentario:

Animaliño dijo...

Gran post, FM!

Eu non puiden ver o filme (espero facelo pronto), pero merquei o cómic hai uns meses e pareceume marabillosa a súa capacidade para achegar ao espectador un conflicto tan lonxano con debuxos e textos tan simples. É unha desas obras que se notan que o autor levaba dentro.

Recomentable para TODOS. Axuda a quitarse prexuízos.